reflexión personal sobre a literatura e o futuro
Unha constante incerteza lévame acompañando a través dos anos. Os libros sempre foron o meu refuxio pero cos anos deixaron de servirme de amparo. Agora ao que recorro cando o necesito é á escritura. Cando os sentimentos son demasiado intensos e a angustia se apodera de min ata o punto que non me deixa nen respirar, o único que me saca de ese lugar tan oscuro son as palabras. As palabras surxen de min coma un torrente e resultan nalgo que semella un exercicio surrealista de escritura automática. Resulta aliviador no momento, pero nunca é suficiente. Cuestións vitais espréitanme día tras día, en cada decisión que tomo, en cada acción que non fago, en cada minuto que vivo. As noites son os momentos máis complicados, nos que a soidade e o silencio fan que os susurros se magnifiquen e resonen como ecos incesablemente. Por iso creo que é o momento de volver a tomar á literatura como aliada. Como espectadora pero por primeira vez intentando perderlle o medo a ser eu quen c